As an anonymous user, you can only add new data. If you would like to also modify existing data, please create an account and indicate your languages on your user page.

Help:Introduction to OmegaWiki/gl

From OmegaWiki
Jump to: navigation, search

Template:OmegaWiki/Translations

ERD actual

OmegaWiki é un proxecto baseado nos wiki. O seu obxectivo é agrupar información lexicológica, terminolóxica ou de tipo tesauro.

Historia[edit]

A idea do OmegaWiki naceu da frustración producida polo Wiktionary (cuxa versión galega é o (Galizionario, que está albergado aquí). Moitos proxectos de Wikcionario traballaron xuntos para utilizar modelos que indicasen a información non específica do idioma, usando modelos comúns para indicar as etiquetas con este tipo de información. A súa utilidade quedou demostrada porque se copiou moita información dun proxecto a outro. O problema comezou cando cando houbo que realizar actualizacións, pois obrigaba a que se fixese manualmente en tódolos proxectos participantes. Dado que hai entre 7.000 e 8.000 idiomas, trátase de algo desproporcionado.

Tecnoloxía[edit]

As necesidades pasaban por un sistema capaz de actualizar a información de vez e ter a infomación resultante dispoñible para todos. Para facelo posible, necesitouse ter interfaces de usuario para todos os idiomas e, para almacenar a información unha vez, usar unha base de datos relacional para a información.

Ao mesmo tempo, queremos manter a funcionalidade dunha Wiki e, dados os antecedentes, a funcionalidade de MediaWiki. En Meta houbo unha proposta para algo chamado Wikidata. Como desafío, preguntámonos se Wikidata podería ser o Wikcionario definitivo. A resposta foi moi positiva: Kennisnet aceptou patrocinarnos e o proxecto OmegaWiki naceu. Entrementres, a colaboración coa empresa Knewco deu un nivel adicional de actividade ao proxecto e varios sistemas de terminoloxía existentes se están poñendo a punto actualmente no formato OmegaWiki.

O Wikcionario definitivo[edit]

O Wikcionario definitivo (WD) (Ultimate Wiktionary en inglés) é o nome do proxecto de desenvolvemento; un dos obxectivos clave é manter a funcionalidade de Wikidata separada claramente do WD. A razón para iso é a expectativa de que Wikidata se use para moitos máis proxectos que poden ser, e serán, tan ambiciosos como o mesmo WD.

Se baixas o ficheiro comprimido tar de OmegaWiki e o instalas no teu propio computador, terás a túa propia instalación do Wikcionario Definitivo. OmegaWiki é este proxecto.