As an anonymous user, you can only add new data. If you would like to also modify existing data, please create an account and indicate your languages on your user page.

Help:Semantic drift/gl

From OmegaWiki
Jump to: navigation, search

O cambio semántico, deriva semántica, dispersión semántica ou efecto do "teléfono estropeado" acontece cando un concepto é traducido dun idioma A a outro idioma B e outra vez do idioma B ó idioma C, e así repetidamente. O resultado é que aos poucos, pero inevitablemente, se produce unha diferenza entre o significado orixinal do concepto no idioma A e o concepto nos idiomas subsecuentes. Un dos motivos deste cambio semántico é o comprensible impulso, innato e inconsciente, no tradutor de facer que a definición se axeite ben ós conceptos da súa lingua.

En OmegaWiki pretendemos evitar que ocorra o cambio semántico mediante a introdución do concepto Significado definido. Como a intención exacta é traducir TANTO a Expresión COMO a Definición o máis literalmente posible (mantendo oracións correctas), esperamos evitar o cambio semántico. Cando a Expresión non pode ser traducida exactamente, deberá ser expresada da mellor forma posible e indicarase que o significado non é idéntico.